lunes, 6 de octubre de 2014

50 Aniversario de Mafalda


A semana pasada Mafalda cumpriu 50 anos! Quen o diría...
A primeira tira cómica de Mafalda foi debuxada polas mans do xenio arxentino Quino. A escura melena rebelde e encrespada desta nena que non conseguía entender ao mundo, autora da mítica frase " Paren o mundo, que me quero baixar! " nacía o 29 de setembro de 1964 no semanario Primera Plana de Bos Aires, e nos seus 9 anos de vida -o artista deixou de debuxala en 1973- converteríase case nunha emisaria de lemas e reflexións para unha grande maioría dos habitantes de todo o planeta, que para ben ou para mal, seguen hoxe tan vixentes como hai cincuenta anos.
Para recordar a honestidade, a cabezonería, a impertinencia preguntona e aquel sorriso tristeiro e reflexivo que fixo de Mafalda unha icona mundial, pedímosvos que veñades á biblio a coñecela mellor xa que as novas xeracións seguro que sabedes pouco dela, ou moito?

Nos iPads poderedes encontrar unha app de Mafalda con 20 cómics descargados.


Cada libro, de 30 tiras aproximadamente, trata unha temática diferente como "Mafalda e os deberes", "Mafalda e a sopa", "Mafalda cando sexa grande"...
Tamén encontraredes xogos para que vos divirtades coloreando, exercitando a vosa memoria e medindo o voso coñecemento sobre Mafalda.
As reflexións que formula esta app e os valores que ensina, son boas razóns para os que descoñecedes o mundo de Mafalda empecedes a ler as súas tiras cómicas.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós!

No hay comentarios:

Publicar un comentario