Ola a tod@s de novo e benvidos ao 2015!
Rematou xa o ano 2014 e a maioría dos medios de comunicación fixeron públicas as súas listas de libros recomendados.
A Comunidade de Madrid organizou no mes de decembro a Mostra do Libro Infantil e Xuvenil que este ano celebra a súa XXX Edición, para dar a coñecer as principais novidades así como as tendencias nos contidos e a ilustración.

Recóllense 150 títulos pertencentes a distintos xéneros e publicados o ano anterior. Para realizar esta selección tívose en conta, como criterio, a busca dun equilibrio con relación ás idades (dende os 3 anos ata os 16 anos)
A variedade dos selos editoriais e de temas son tamén criterios a ter en conta. E por último, a emoción, pois escolleuse un conxunto de libros que, por diferentes razóns, emocionan ou non deixan indiferentes ao lector: unha historia ben contada, un personaxe atractivo, uns versos luminosos, unhas ilustracións atrevidas, unha información entusiasta, un cómic que impacta...
As obras escollidas clasifícanse por idades, en cinco apartados:
- Para os máis pequenos
- A partir de 6 anos
- A partir de 9 anos
- A partir de 12 anos
- Para mozos
Intentaremos que todos estean pronto na nosa biblioteca, aínda que podedes encontrar xa algúns deles. Queredes coñecelos? Botade unha ollada ao seguinte documento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario