miércoles, 22 de abril de 2015

Marcapáxinas de Maria Solar para o Día do Libro 2015

Un texto de María Solar que incita á lectura e xoga con personaxes dos libros clásicos infantís e xuvenís (o Principiño, Morgana, a Sereíña, o Pirata Barbanegra...) protagoniza o marcapáxinas co que as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro deste ano.
A edición deste marcapáxinas cun autor galego vén sendo xa unha tradición das Bibliotecas Escolares para celebrar unha data tan sinalada. Aquí poderedes ler o texto "O libro que tes ao teu lado" de María Solar, a autora escollida desta volta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario