miércoles, 17 de junio de 2015

Maxi libro sobre Africa

Durante este trimestre, que permaneceu a exposición sobre África na Aula de Contos de Infantil, o alumnado de cada aula elaborou un maxi libro africano con diferentes temas sobre a cultura e costumes deste continente. Podemos ver diferentes páxinas sobre música e instrumentos típicos, vestimentas africanas, bandeiras dos distintos países, tipos de vivendas, receitas, xogos tradicionais, animais que habitan en África...
Aquí tedes unha pequena mostra das diferentes páxinas do libro. Noraboa a nosos peques e profes por esta xenial iniciativa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario