lunes, 15 de junio de 2015

Un verán cheo de lecturas


Xa falta moi pouco para que chegue o ansiado verán para relaxarnos e esquecérsenos estudar e facer deberes, pero a lectura é un hábito que nunca debemos relaxar. O verán é unha época ideal para facer deporte, xogar ao aire libre, viaxar... pero tamén para ler.
É unha época de diversión e relaxación polo tanto... hai algo máis divertido que unha boa historia e máis relaxado que unha interesante lectura?

Aquí deixámosvos as nosas recomendacións para que as gocedes neste verán.

Libros recomendados para Pre-lectores


"Letra a letra" (Angels Navarro- Editorial Combel)
Un libro de 27 xogos coas letras do abecedario para aprender e divertirse, que ademais nos invita a entrar nun mundo de fantasía e de imaxinación onde o máis inesperado e sorprendente se converte nunha letra do noso alfabeto.

"Monstruo pequeño dice ¡NO!" (Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal & Kalle Güettler- Sushi Books)
Cando Monstro Grande chama á porta de Monstro Pequeno, só hai unha resposta posible: Non! Monstro Grande non se porta ben e non é un bo amigo, pero promete cambiar, e Monstro Pequeno dálle unha nova oportunidade. Este orixinal e divertido libro fala da amizade, de como relacionarse, da boa educación e da pequena palabra Non!, que ás veces hai que saber usar con firmeza.

"Soy un Artista" (Marta Altés- Blackie Books)
O libro perfecto para todos aqueles nenos e nenas que gozan facendo arte. Ao protagonista encántanlle as cores, as formas, as texturas e TODO o que lle inspira: os seus calcetíns, o que garda na neveira... nin o seu gato se escapa dunha boa man de pintura! Pero só hai un problema: a súa nai non se mostra tan entusiasta coma el...


Libros recomendados para Primeiros Lectores

"Mi libro de animales" (Editorial Blume)
Queres embarcarte nunha aventura con animais? Encontraralos por todas as partes. Algúns viven no aire; outros, baixo terra; e outros, na auga. Ademais, proba a facer tortas con formas de animais, xoga aos detectives e crea un libro de animais mixtos.
Non che perdas o circo de minianimais! e participa no labirinto do formigueiro. Todo iso con KokoÁlex e os exploradores, aos cales lles encantan os animais, e as aventuras.

"El hombrecito vestido de gris" (Fernando Alonso & Ulises Wensell- Editorial Kalandraka)
Un home agrisado, un espantallo bailarín, un bosque pétreo... ata oito relatos poéticos neste clásico co que reflexionar sobre a liberdade e a xustiza, a felicidade e sonos, a igualdade e a tolerancia.

"El gato Garabato" (Theodor Seuss- Editorial Altea)
Os días de chuvia nos que non se pode saír á rúa a xogar son aburridos. A non ser que, de pronto, un personaxe máxico apareza na casa e poña o mundo do revés. Iso é o que lles pasa aos dous irmáns protagonistas desta historia: o Gato Garabato entra na súa casa, decidido a divertir aos nenos. Xogos, malabarismos, carreiras... estao a esnaquizar todo! Que dirán á súa nai cando chegue? Non hai que preocuparse: o Gato Garabato ten solucións para todo!
Publicado en 1957 converteuse nun clásico da literatura infantil universal.


Libros recomendados para Lectores Autónomos

"Frankenstein se lleva el pastel" (Adam Rex- Editorial Océano Travesía)
Unha antoloxía de anécdotas, historias, poemas, tiras cómicas... protagonizadas por personaxes tan coñecidos como FrankensteinDrácula, King Kong, o Xinete sen cabeza, e o mesmo Edgar Allan Poe, entre outros, que buscan a risa do lector a través dun humor absurdo.

"El libro del buen explorador" (Joel Levy &James Gulliver Hancock- Lonely Planet)
Vivimos nun mundo fascinante que espera ser descuberto. Estades preparados para exploralo? Sabedes como sobrevivir á calor máis abrasadora e ao frío máis intenso? Como encontrar comida e auga no medio da natureza? Como evitar enfermidades mortais e enfrontarse a animais devoradores de homes?
Ademais dunha morea de trucos e consellos, poderedes aprender do exemplo dos máis grandes exploradores do pasado (e dos erros dos máis ineptos).

"Los chistes más morrocotudos" (Geronimo Stilton- Editorial Oniro)
Por fin, en resposta a innumerables peticións, xa están aquí: os mellores chistes de Geronimo Stilton reunidos neste morrocotudo volume. Un libro de humor de auténtico culto! 500 chistes para partirse de risa, palabra de StiltonGeronimo Stilton. Non volo podedes perder!


Libros recomendados para Lectores Expertos


"Los gemelos Tapper se declaran la guerra" (Geoff Rodkey- Editorial Molino)
Os xemelgos Claudia e Reese son os protagonistas desta divertida nova serie. Estes preadolescentes non poderían ser máis distintos entre si... pero comparten a férrea determinación de saír vitoriosos da guerra de bromas que se teñen declarada, unha contenda que se desenvolve dende a cafetaría do colexio ata o prezado universo creado por Reese no seu videoxogo favorito. As batallas intensifícanse ata tal punto que os xemelgos terán que decidir se os seus esforzos por destruír o outro pagan a pena.
Prepararvos para sorprendervos coas inimaxinables travesuras de Claudia e Reese non poderedes deixar de rir!

"La vida secreta de Rebecca Paradise" (Pedro Mañas & Beatriz Tormo- Editorial SM)
Úrsula é unha nena de once anos cunha vida un pouco complicada. Cambiou varias veces de colexio e a súa nai, que é unha fuxitiva da xustiza, roubou un cadro do museo Metropolitano... Non... Non é así... Úrsula é unha nena de once anos que se fai chamar Rebecca e que odia os magos porque un fixo desaparecer a súa nai. Ou é Rebecca, a famosa espía secreta, a que se fai chamar Úrsula para despistar? Ben, en calquera caso ten once anos, cinco lombrigas gardadas nunha caixa e un gato perdido no espazo. Ou o do gato tampouco é verdade?...

"Pequeña historia de España" (Manuel Fernández Álvarez & JVLIVS- Espasa Libros)
Unha orixinal iniciativa que actualiza un tema cada vez máis alleo para os nenos e nenas españois: a historia do noso país. O libro ofrece un percorrido pola historia de España, dende a Prehistoria aos nosos días, presentada e narrada coma se fose un conto ou un relato de aventuras.

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén recomenda as seguintes lecturas en galego. O último día de clase farase entrega dun díptico coas recomendacións tanto en galego como en castelán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario