jueves, 1 de octubre de 2015

"Barxilón no mar de Latón"

A finais do curso pasado recibimos no noso centro o libro "Barxilón no mar de Latón". Este álbum ilustrado é o resultado do proxecto educativo "Porque un libro é unha obra de arte", gañador do I Proyecta Innovación, otorgado pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Amancio Ortega. Trátase dunha gran experiencia didáctica, interdisciplinar e creativa baseada na creación e xestión dunha editorial no IES As Barxas de Moaña que tiveron o detalle de compartir con nós.

Dende a nosa biblioteca queremos aproveitar para darlles as grazas polo agasallo desta "obra de arte" e animar a todo o profesorado e alumnado que iniciou este proxecto a publicar moitos máis!


Se queredes máis información relativa á experiencia, podedes atopala no blog do proxecto: Barxas emprende: Creación de una Editorial ou na WEB de Barxilón

No hay comentarios:

Publicar un comentario