miércoles, 30 de septiembre de 2015

Novo equipo de mini-bibliotecarios

Onte no recreo reuníronse tod@s os mini-bibliotecarios voluntarios de 6º nivel con algunhas profes do equipo de biblioteca para saber as súas funcións e as tarefas a realizar este curso: ordenar libros, etiquetar, facer préstamo, entregar e recoller os iPads e auriculares, atender o canto de ordenadores, facer recomendacións aos primeiros lectores...
Tamén entregóuselles o seu carné de axudante que tiveron que asinar.


biblioteca abrirá dende mañá durante o horario do recreo. Quedades tod@s invitados a visitarnos.
E así é como quedan os grupos de axudantes da biblio para cada día da semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario