miércoles, 28 de octubre de 2015

DKarreT: microproxectos de fotografía analóxica


O noso compañeiro Alberto, profesor de Educación Física, está a poñer  en práctica unha xenial iniciativa este ano. Trátase de realizar un taller de fotos analóxicas en branco e negro co alumnado de 6º de Primaria durante os recreos, poñendo de novo en funcionamento o laboratorio de fotografía do centro. 
O proxecto dKrreT comezou, como non, o pasado venres, coa celebración do día da Biblioteca Escolar e xa está exposto o primeiro microproxecto no pavillón 1 (enfronte da biblioteca) para todos os interesados que queirades pasar a velo. 
Grazas Alberto! Seguiremos compartindo o teu entusiasmo pola fotografía.

3 comentarios: