jueves, 15 de octubre de 2015

Vivos e mortos nunha engaiolante historia culinaria

A escritora viguesa Ledicia Costas acaba de ser galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta", ilustrado por Víctor Rivas e publicado pola editorial Xerais en 2014. Este título xa obtivera o Premio Merlín, o Premio Fervenzas Literarias, o Premio Xosé Neira Vilas da Asociación Galega de Editores, e foi incluído na Lista de Honra do IBBY para 2016.
Segundo o xurado, é "unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e xuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo seu humor arrepiante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte".


Pois aos que lle comprace descubrir novos sabores e pasar  un intre repleto de gargalladas provocadas por uns personaxes verdadeiramente entrañables, vide á  biblioteca a lelo.
Quen non ten curiosidade por coñecer a historia na que se encontran un rapaz de dez anos que ansía ser un gran chef?, unha cociñeira falecida no século XIX e a súa arrepiante araña con acento francés?, un avó encoveirado que viste como un rapazolo e compite nas carreiras de bólidos? o tirano Amanito que morrera tras inxerir unha Amanita Phalloides? ou Nicotina a esqueleta con gravata que conduce o mortobús que comunica o Máis Acá co Máis Alá?
Veña rapaces, bo proveito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario