lunes, 9 de noviembre de 2015

Exposición "Descubrindo mundos"

Quen de vós non soñou algunha vez con ser astronauta, saír ao espazo, descubrir novos planetas, ver cousas nunca vistas na galaxia, atopar vida nun planeta afastado... 
Pois para facer un percorrido a través do espazo non fai falta ir nunha nave espacial. Na nosa biblioteca poderedes atopar moitos libros cos que coñeceredes todas as curiosidades que encerra o universo. Libros repletos de fotografías e informacións incribles que farán que vos sintades como verdadeiros astronautas. Estades listos para o despegue?

E quen de vós non quere navegar cara a terras afastadas, explorar rexións descoñecidas do mundo, buscar cidades perdidas na xungla, desafiar os xeos da Antártica... Vide á biblioteca e aprendede dos mellores exploradores da historia e pronto xa estaredes listos para dirixir vosa propia expedición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario