miércoles, 3 de febrero de 2016

Libros para Minecrafters

Minecraft é moito máis que un xogo: é un universo alternativo de creación, de euforia, de supervivencia, de aventura e de paixón para a maioría do noso alumnado. 
Son tantas as posibilidades que ofrece este xogo que seguro que algunha vez sentístesvos perdidos... Pero iso non vos volverá a ocorrer! Na nosa biblioteca xa están á vosa disposición varios libros onde atoparedes a axuda necesaria para descubrir todos os segredos de Minecraft.


Estes libros axudaranvos a convertervos en grandes mestres construtores. Aprenderedes a construír edificacións tan espectaculares como casas subacuáticas ou fortalezas fortificadas, e ata a fabricar barcos piratas! Cunha chea de consellos e todo tipo de trucos prácticos ilustrados con pantallazos do xogo, estes libros mostraranvos como construír os vosos propios castelos, pontes ou granxas, e a engadir detalles decorativos e paisaxes que darán vida ás vosas creacións.
A que esperades para vir á biblioteca e descubrir todos os segredos de Minecraft!

No hay comentarios:

Publicar un comentario