viernes, 18 de marzo de 2016

Caixa de suxestións da biblioteca


Seguro que algún día chegastes á nosa biblioteca e botastes en falta algo (si... xa sabemos que non hai forma de conseguir a Jerónimo e a Greg... e o de Minecraft tamén o sabemos) Pero seguro que hai algo máis, algún outro libro que tedes moitas ganas de ler e non está nos nosos fondos, algunha das normas que fixamos para que a biblioteca sexa un espazo compartido coa que non estades de acordo, algunha carta para o noso Brociños, actividades que queirades que se inclúan na programación da biblioteca...

Ben... pois como non lle temos medo a nada instalamos unha caixa de correo para recoller a vosa voz e a vosa opinión na biblioteca... Xustiño ao entrar... Fácil de atopar...Sabemos encaixar as críticas, estamos abertas a suxestións, podemos pedir perdón cando nos equivocamos... pero non esquezades que tamén nos gusta que nos digan o que facemos ben porque iso dános moita enerxía. Poñede o voso nome e o voso curso
E que mellor que o propio Brociños para xestionar e analizar todas as queixas  ou eloxios...

No hay comentarios:

Publicar un comentario