jueves, 31 de marzo de 2016

VI Semana Intercultural: O Muro dos Desexos

Aquí tedes o programa da VI Semana Intercultural que se celebrará do 4 ao 8 de abril en Ponte dos Brozos  organizada polo Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos do Sur que este ano xira en torno aos refuxiados e refuxiadas.


As actividades propostas realizaranse na biblioteca e son as seguintes:

     1º e 2º nivel de Educación Primaria:
  • Representación teatral de monicreques "Novos veciños/as": Na obra descríbese como é un proceso migratorio forzoso dun grupo de animais, que vendo ameazada a súa vida e a súa tranquilidade deciden emprender o seu desprazamento cara un novo fogar. Con ela preténdese facer un achegamento á diversidade cultural, ao que significa unha migración forzosa, que é un refuxiado/-a e as dificultades que teñen estas persoas para atopar un lugar onde vivir en paz. 
  • Musicoterapia: A través da música buscarase que o alumnado experimente diferentes sentimentos, co obxectivo de espertar a súa empatía partindo das súas propias sensacións. 

    3º e 4º nivel de Educación Primaria: 
  • Relato dunha vida "Nun abrir e cerrar de ollos": A través dunha serie de imaxes amosaranse as causas e consecuencias dos procesos migratorios. Exposición dun breve relato de vida protagonizado por unha das nais e veciñas de Arteixo. 
  • Musicoterapia  
5º e 6º nivel de Educación Primaria: 
  • Charla con Alfonso Mascuñana “Eu fun voluntario en Lesbos”: Grazas a Rede de Escolas de Amnistía contaremos coa presenza de Alfonso Mascuñana que nos contará como foi a súa experiencia en Lesbos e de como traballan alí os voluntarios/as cos refuxiado/as.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario