Hoxe veu de visita á biblioteca a escritora Ana Alonso co seu libro "La canción de Lúa". Contounos que leva escribindo desde que ía en 5º de Primaria. Ao principio gardaba todas as súas poesías e contos nun caixón porque lle daba moita vergoña ensinalos. Pero cando tiña 19 anos, rescatou os seus mellores poemas e enviounos a un concurso e... gañouno!! (publicáronlle o libro, déronlle algúns cartos e unha viaxe a París) Desde aquel momento continuou escribindo, superou os seus medos e xa leva máis de 70 libros publicados.
Os alumnos e alumnas de 1º puxéronlle cara á escritora do libro que tanto lles gustou ler, preguntáronlle unha chea de cousas sobre os personaxes, explicáronlle que eles tamén crean contos e poesías no recuncho de aula de "Composicións Mostruosas" e, sobre todo, botaron a voar a súa imaxinación coa maxia propia da lectura.
Que gran forma de festexar a Semana do Libro! Grazas Ana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario