viernes, 15 de abril de 2016

Visita de Alfredo Gómez Cerdá


Hoxe visitou a nosa biblioteca Alfredo Gómez Cerdá, autor de máis dun centenar de libros para diferentes idades, desde primeiros lectores ata adultos.
Tivo a sorte de ser presentado por catro expertos lectores de 1º e 2º nivel: Daniela, Rita, Sergio e Breogán, que fixeron un percorrido pola súa infancia, a súa vocación de escritor de literatura infantil e as súas ganas de escribir ata que teña 136 anos!!
Alfredo explicoulles como empeza a escribir os seus libros. A el gústalle moito escaparse da cidade e buscar refuxio na natureza. Esa foi a idea que lle inspirou "Amalia, Amelia e Emilia", as tres bruxas dispostas a todo para salvar o bosque de Cantamilano. Tamén contou canto tempo tarda en escribir os seus libros (moito máis do que imaxinabamos... Podería tardar menos se se aplicase!!) 
Respondeu moi pacientemente as preguntas que lle fixo o noso alumnado, recibiu os traballos que os nenos e nenas fixeron nas aulas e, por último, agasallounos cun conto dun rato moi goloso ao que lle rechifla comer libros de bibliotecas. Sorte que nós temos a Brociños coidando os nosos exemplares...

Moitas grazas Alberto pola túa visita, o teu cariño e o teu gran saber estar cos rapaces.


No hay comentarios:

Publicar un comentario