viernes, 6 de mayo de 2016

Xogando a teatro co doutor Cabrera

Os alumnos e alumnas de 4ºB representaron na biblioteca durante as sesións do Proxecto Lector desta semana unha obra de teatro titulada "Al doctor Cabrera lo marean"
Para iso os participantes puxeron en escena as técnicas e habilidades que foron aprendendo durante as clases dirixidas pola súa titora Mª José Orosa.


A obra narra a historia dun doutor un tanto especial, con bastante mal humor que atende na súa consulta a uns pacientes ben estraños, por non dicir especiais...


Moitas risas e diversión con sorpresa final. Grazas rapaces pola vosa entrega e entusiasmo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario