viernes, 3 de junio de 2016

Descubrindo Mundos no IES Manuel Murguía


Ás veces os grandes museos deciden que algunha das súas obras máis importantes viaxen a outro museo... Son as exposicións itinerantes. Cando isto pasa, as medidas de seguridade son extremas. As obras envólvense en material protector e van custodiadas pola policía... Pois iso fixemos nós. Envolvemos as obras mestras sobre o espazo do noso alumnado de 1º e 2º e mandámolas custodiadas ao IES Manuel Murguía de Arteixo onde o equipo de biblioteca montou a nosa expo sobre o espazo baixo o título de "Po de estrelas"
É un pracer colaborar cos profes do IES e ver por alí aos nosos ex-minibliotecarios... Ainda queda pendente outra visita. Xa vos contaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario