martes, 18 de octubre de 2016

Cartel do Día da Biblioteca


Por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, desde 1997, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/as. 

Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano as autoras seleccionados son a escritora galega Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015. 

Temos preparadas para o vindeiro luns día 24 unha serie de actividades relacionadas co noso proxecto "Territorio das Artes" das que os informaremos en breve. Estade atentos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario