Por sétimo ano consecutivo a Fundación SM pon en marcha a súa campaña máis solidaria "Vapor ti, Vapor todos" para que nenos e nenas que, doutra maneira non poderían telos, reciban libros e poidan viaxar, vivir aventuras e soñar a través das súas páxinas.
Aquí mostrámosvos o marabilloso vídeo que fixeron para esta campaña.
A campaña arrincará o 19 de decembro e por cada libro de Barco de Vapor que se compre entre este día e o 26, a Fundación SM doará un libro para os nenos e nenas con menos recursos que non teñan acceso a eles.
Esta iniciativa encántanos, xa que todo o que sexa fomentar a lectura e achegarlla aos que non teñen acceso a ela, parécenos unha gran proposta. Por iso animámosvos a tod@s a que participedes. Se non é comprando un libro, hai outra opción para poñer o voso gran de area, facervos seguidores da canle de Facebook do Barco de Vapor, xa que por cada novo fan que teñan, tamén doarán un libro para a causa. Así que se aínda non sodes seguidores, facede os vosos clicks máis solidarios e pensade en que grazas a iso, un neno ou nena terá acceso a un libro este Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario