Que ben o pasamos esta semana con este libro formulado en forma de adiviñas. A partir da imaxen exterior dalgúns edificios, retamos oas cativos de 1º e 2º para adiviñar que podería haber dentro.
Comezamos vendo unha porta que levaba 3000 anos pechada. Descubrimos que detrás dela agochábase a tumba do faraón Tutankamon e todos os seus tesouros. Cruzamos mares para ver un templo na Acrópolis que tiña dentro a estatua da diosa Atenea. Visitamos Chichén Itzá en México. Descubrimos o Guggenheim de Nova York e aprendemos por que Frank Lloyd Wright foi un arquitecto tan importante. Houbo paradas na Porta do Sol de Toledo e no Alcázar de Segovia. E por fin, a adiviña definitiva, a Ópera de Sidney... case sen pistas. Iso si que foi difícil pero moitos dos nosos cativos conseguiron saber que hai dentro dese edificio.
E na maleta?? Pois na maleta as profes Pepa e María, que son moi viaxeiras, levaban recordos de todos eses lugares onde ao longo da historia o ser humano construíu espazos fermosos e singulares.
Seguimos camiñando no Territorio das Artes e aprendendo sobre arquitectura...
No hay comentarios:
Publicar un comentario