jueves, 19 de enero de 2017

Buscamos Poetas e Poetisas

Dende a biblioteca ás casas dos cativ@s de 1º chega A MALETA POETA que queremos encher coa vosa axuda. 
A nosa intención é que cada familia escriba un poema. Pode ser inventado, pode ser dalgunha poetisa ou poeta que vos guste. Pode ser poesía infantil ou poesía para adultos. O importante é que sexa un momento compartido coa poesía como escusa.


Deste xeito colaboramos a  favorecer o interese pola lectura porque iso axuda no desenrolo madurativo e intelectual dos vosos fill@s e abre portas que fan realidade os soños.

E que mellor escusa para traballar poesía tamén na biblioteca coa profe Patricia e a súa maleta chea de rimas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario