miércoles, 19 de abril de 2017

Encontro coa autora María Menéndez Ponte


A escritora galega María Menéndez Ponte visitou onte a nosa biblioteca para ter un encontro cos nosos nenos e nenas de 1º nivel, onde tivo unha charla sobre o seu personaxe literario Pupi, o extraterrestre azul. 
O alumnado tíñalle preparado un gran mural para darlle unha sorpresa de "Pupi y los piratas", que foi o último libro lido da autora nas aulas.


O encontro foi moi agradable e divertido. María contou aos peques  moitas aventuras de Pupi e tamén anécdotas sobre a súa infancia.
Ademais moitos deles aproveitaron para facerlle varias preguntas, moitas delas moi interesantes, ás que María contestou con moita graza.
Ao final propúxonos cantar un pequeno rap entre todos, que falaba sobre Pupi. Cantamos, bailamos e finalmente asinounos os libros para ter un recordo dela do seu paso polo noso cole. 


Grazas María! Seguiremos lendo  novas aventuras de Pupi!

No hay comentarios:

Publicar un comentario