Como moitos de vós saberedes, a realidade virtual está a experimentar un enorme crecemento desde hai un tempo. Grazas á proliferación de lentes e cascos de realidade virtual, cada vez son máis as persoas que acceden a esta tecnoloxía. É por iso polo que varios grupos de alumnos e alumnas do noso centro están a traballar cun programa chamado CoSpaces, unha plataforma que nos permite crear contornas de realidade virtual, e queren compartir coa nosa biblioteca algúns dos seus museos virtuais relacionados coa pintura para engadilos ao noso proxecto "Territorio das Artes".
O primeiro deles ten moito que ver co primeiro Brozo-Reto do trimestre, xa que son as portas decoradas do noso centro levadas a un imaxinario mundo 3D.
Se queredes visualizar este impresionante traballo realizado pola alumna Emma Cotelo Álvarez de 6ºD, tan só teremos que descargar a aplicación gratuíta de CoSpaces para dispositivos iOS ou Android e colocar un smartphone nunhas lentes de realidade virtual, picando nas seguintes ligazóns:
Outras galerías virtuáis de arte relacionadas coa pintura:
Zoe Moratinos Varela - 6ºD: "Great Paintings"
Zoe Díaz Carracedo - 6ºD: "Pop Art museum"
No hay comentarios:
Publicar un comentario