miércoles, 10 de mayo de 2017

Toda unha escritora: Ledicia Costas

Escarlatina, Estravaganza, Esmeraldina: Nenas e mozas valentes, que saen da norma, que se cuestionan o mundo no que viven.  
Galego, Literatura: Poñer en valor  a cultura galega é o orgullo do noso, dos nosos creadores, que ás veces esquecemos.
Ledicia Costas ten esa capacidade que permite aos escritores ver a vida cuns ollos distintos, conxugada con esa habilidade para transformar o que ve en historias. A súa famlia, a súa infancia o seu barrio natal de Vigo foron o material dalgúns dos personaxes que tan ben coñecemos: avós temerarios ao volante que arrasan con espellos retrovisores dos veciños ou avoas que meten gatos na lavadora... Como nos soan!!
Así foi a nosa visita de hoxe, de gala, para recibir a todo un Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, un Premio Merlín e moitos máis, pero sobre todo, a unha poeta, unha escritora que transmite a súa paixón pola literatura e os libros.
     

Ata outra, Ledicia!!! Foi un pracer compartir esta sesión contigo. Estaremos moi pendentes, alá polo Samaín, do teu novo libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario