viernes, 5 de mayo de 2017

Visita de Paco Nogueiras


Hoxe estivo na Aula de Contos cos nosos nenos e nenas de Infantil o actor e músico Paco Nogueiras autor das cancións de "Brinca Vai" que veu contarnos os contos "Piñeiro", "Renato", "A árbore da escola" e "Mister Magnolia" da editorial Kalandraka, pero contóunolos dun xeito moi especial... da mellor maneira que sabe... cantando!! 
Acompañado do seu ukelele e do seu acordeón fixo partícipe en todo momento aos nosos peques que gozaron moito dos contos coas cancións de Paco e as sesións fixéronse realmente curtas.
Grazas pola visita Paco. Esperamosche ver outro ano de novo polo cole! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario