Alá fomos ata Madrid e a buxaina de prata veu por fin para Arteixo para quedar na nosa biblio, e non vexades que alegría cando a viron os pequenos...
Para o Equipo de Biblioteca este premio é unha dose de motivación e emoción que fai que esteamos nunha nube dende que sabemos que estariamos na entrega dos XI Premios Espiral Edublogs na modalidade de Comunidades de Aprendizaxe.
Sentímonos moi orgullosos de que un blog escrito na nosa lingua, que só pretende poñer en imaxes e palabras o que pasa no noso centro obteña un recoñecemento a nivel nacional.
Imos descubrirvos o segredo deste éxito... Que hai detrás da nosa biblioteca? Pois estades VÓS, os cativos e os profes, porque como di Quino o creador de Mafalda: "Pensaron algunha vez que se non fose por todos, ninguén sería nada?"
NON DEIXEDES DE SEGUIRNOS A PISTA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario