Como todos os anos presentaremos o noso proxecto anual "Pensando dende a biblioteca" no Día das Bibliotecas Escolares. Para os días 23 e 24 temos programadas varias actividades con contos que non vos podedes perder.
Os nenos e nenas de Infantil e 2º de Primaria terán que pensar para que serve un libro. Unha pregunta con moitas respostas posibles, verdade? Para iso os nosos Mini-bibliotecarios serán os encargados de contarvos primeiro o conto da autora Chloé Legeay que está ilustrado con todo detalle e moito humor, durante o proxecto lector e nas distintas aulas o vindeiro martes 24 de outubro.
O alumnado de 1º de Primaria, como este ano iníciase na robótica, coñecerá ao rato Wendel o inventor. Que dea comezo a batalla robótica!

O conto interactivo chámase "O home que descubriu a Terra" da app Blue Planet Tales.
Que actividades tan interesantes!
ResponderEliminarMoitas grazas, Francisco... Esperemos que todo saia ben!!!! Moitos nervios!!!
Eliminar