viernes, 13 de octubre de 2017

English Club


Na biblioteca gústannos moito as palabras, por iso este ano imos organizar un club onde só teredes que cumprir dúas condicións: ter ganas de falar e facelo en inglés.
Os martes e os mércores estará esperando por vós o noso auxiliar de conversa, Sisto que ven dereitiño dende os Estados Unidos e ten moitas ganas de aprender cousas sobre o noso país e os nosos costumes.
Imos necesitar a vosa colaboración para buscarlle un nome molón ao noso club. A pensar todos e todas pero sobre todo a pasalo ben!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario