A partir de mañana comezarán as xornadas de benvida para o alumnado de primeiro nivel xa que se estrean como novos lectores e usuarios da biblioteca ao cambiar de pavillón.
María, Pepa e Patri explicarán as normas de uso, a situación dos estantes dos libros de ficción segundo o tipo de lector, a situación dos libros informativos por materias segundo a CDU...
Entregaranse tamén os carnés de usuarios para préstamos de libros e os broci-colgantes que se outorgan aos nen@s que empezan a ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario