Comeza de novo o xogo... Estas son as regras:
- Teredes que xogar coas palabras: adiviñas, trabalinguas, poemas, comics, creacións literarias...
- Poderedes usar as ferramentas que queirades, dixitais ou analóxicas.
- Poderedes elixir os vosos compañeiros no xogo: por niveis ou individualmente.
- O traballo gravarase en vídeo.
A visita dos mini-bibliotecarios para elixir aos gañadores será o 16 de marzo, e a finais do trimestre serán entregados os "Premios Cervantes" ás mellores creacións de cada nivel.
Este trimestre será tamén o momento de compartir o traballo feito o trimestre pasado. Estade atentos aos vosos correos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario