Como cada ano os nenos de 1º nivel recibiron unha Maleta Poeta noviña do trinque para poder levar á casa e enchela de poemas coa axuda das familias. Esta maleta leva no seu interior palabras que riman e hai que elixir algunhas delas para escribir poemas. Pero non creades que foi un agasallo sen máis. Non, non... Primeiro demostraron que tiñan moitas poesías dentro da cabeza e despois que eran capaces de rimar palabras como pirata, pata e lata para escribir versos.
Na biblioteca, para axudar aos peques coa súa creatividade, houbo algo de "Despacito" e tamén algunhas cancións en inglés que xa coñecen moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario