lunes, 5 de marzo de 2018

Novidades marzo: mulleres extraordinarias

Aquí están... novos libros que falan de mulleres, de vidas extraordinarias e inspiradoras que, tras verse en moitos casos silenciadas ou terxiversadas, saen á luz para ofrecernos unha nova perspectiva sobre a historia e os seus protagonistas. Pero as súas páxinas revélannos algo que resulta mesmo máis significativo: as grandes mulleres rara vez actúan soas, senón que contan co respaldo de compañeiras e impulsoras ou se inspiran en pioneiras que as precederon. Todas elas están unidas por lazos profundos e a maioría é consciente da importancia de achandar o camiño para as que virán despois.


Tamén atoparedes entre as novidades unha reinterpretación do conto clásico de Brancaneves e outra de Cincenta que supoñen un canto á liberdade. Dúas historias divertidas e cheas de humor que cuestionan os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario