martes, 24 de abril de 2018

Encontro con Érica Esmorís


Que lle pode interesar a un neno ou nena dunha escritora? Pois todo o que Erica nos contou...
Primeiro falounos dela, de como empezou a escribir dende moi pequena, do seu agarimo polos animais, dos seus recordos estivais da infancia, tan ligados ao mar.
Agora Érica é escritora, veterinaria e surfeira pero, sobre todo, unha entusiasta dos libros e a literatura. O seu libro favorito era Pippi Mediaslongas. Casualidades da vida, é o libro que están a ler no noso Club de Lectura dos venres.
Explicounos os 8 pasos que seguiu para escribir Nena e o mar. Como todo nace dun sentimento que pasa pola incubadora da súa mente, que se vai enchendo cos personaxes aos que ela lles pon cara. Todo o libro xestase en 15 días de delirio escritor no que Érica escribe aloucadamente todo o que ten na cabeza. Despois é o momento da orde, da reescritura, da documentación e por fin da paciencia ata que o libro chega as nosas mans para vivir a aventura de novo. A creación literaria explicada cunha simplicidade absoluta.


Disfrutamos tamén coas ilustracións de Dani Padrón e a banda sonora do libro.
Un pracer que esperamos que se repita no futuro. A mellor visita nesta Semana do Libro 2018.

No hay comentarios:

Publicar un comentario