lunes, 14 de mayo de 2018

Os libros de Celtia a "titiriteira"

Consorcio Editorial invitou a semana pasada aos nosos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria a gozar na biblioteca dunha magnífica contacontos como é Celtia Figueiras.

Celtia conseguiu levarnos de viaxe por lugares marabillosos cos seus "libros titiriteiros". Os libros eran enormes e pesados e tamén moi especiais xa que o seu interior escondía historias máxicas nas que todo é posible e que trataban temas como a procura da propia identidade, a perseveranza, o valor da amizade ou a importancia da cooperación.

1 comentario: