Nestes dous anos temos probado novas ferramentas e novos enfoques didácticos que nos abriron as portas cara a unha biblioteca creativa e queremos rematar a nosa andaina compartindo con todos vos o traballo realizado e unha serie de consideracións sobre a filosofía maker e o aprendizaxe, co que toda biblioteca escolar está comprometida:
- Porque temos claro que non importa tanto o produto final como todo o camiño percorrido.
- Porque hai distintas maneiras de realizar a mesma actividade, estamos falando de pensamento computacional fronte a pensamento lineal, é dicir, ter maior liberdade creativa fronte a un traballo máis guiado.
- Porque pódese graduar o nivel de dificultade adaptando a actividade aos intereses dos rapaces e non ao revés.
- Porque este tipo de actividades intentan acortar a brecha entre rapaces e rapazas nas áreas tecnolóxicas.
- Porque permiten que destaque todo tipo de alumnado xa que se valoran distintos tipos de intelixencias.
- Porque é mellor amañalo ou facelo que comprar outro.
- Porque é importante equivocarse, aprender do erro, xestionar a frustración…
- Porque aprendemos xuntos e si, si se pode copiar.
- Porque agora toca compartir...
No hay comentarios:
Publicar un comentario