Deixamos atrás obrigas e horarios, materias e deberes, chuvia e escuridade... E ábrese ante nós un longo verán que nos preparamos para gozar. Queremos que deixedes todo atrás. Gozade do lecer, da praia, do mar, da natureza e sobre todo da familia e dos amigos.
E cando volo pida o corpo, lede todo o que poidades, enchede o verán de boas historias, estas que vos recomendamos ou outras que vos apetezan. Compartídeas con vosos amigos e amigas, contádellas aos avós, aos curmáns... para que eles tamén as gozen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario