lunes, 21 de octubre de 2013

Contos de medo para todas as idades

Ola a tod@s!
Deixámosvos unha serie de recomendacións de libros da nosa biblioteca para nen@s valentes de todas as idades que teñan ganas de pasar un "pouquiño de medo"!


monster gif photo: Monster gif 23msylt.png 

Libros recomendados para Pre-lectores


¡Apaga la luz!
Editorial: EDICIONES B, S.A.
Autor e Ilustrador: Richard Fowler
Idioma: Castelán
Os nen@s quedaredes absortos mirando as misteriosas e divertidas sombras deste libro-teatriño despregable que proxecta sombras.
Apaga a luz e acende a lanterna: Que empece a maxia!



A min non me comas!
Editorial: OQO Editora
Autora: Margarita del Mazo
Ilustrador: Vitali Konstantinov
Idioma: Galego
Era unha noite sen lúa... O reloxo daba a unha... DONG! De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra... Abriu moito os ollos, sen pestanexar e a sombra transformouse nun... MOSTRO!

 Libros recomendados para Primeiros Lectores



Cuando nace un Monstruo
Editorial: Juventud
Autor: Sean Taylor
Ilustrador: Nick Sharratt
Idioma: Castelán
Se este é o teu libro de MONSTROS, poden suceder dúas cousas...
Que o mires só e te partas de risa, ou... que o mires acompañado e vos partades todos de risa...
En calquera caso será unha risa mostruosa! 


O gran libro dos medos do rato pequeno
Autora e Ilustradora: Emily Gravett
Idioma: Galego
Ti tamén podes superar os teus medos usando a arte!
Cada páxina deste libro contén moito espazo en branco para que escribas e te enfrontes ao que che da medo utilizando unha combinación de:
Debuxo, Escritura e Colaxe.
LEMBRA!, un medo enfrontado é un medo vencido



Libros recomendados para Lectores Autónomos



Esqueleto ladrón
Editorial: Thule Ediciones
Autor: Pablo Albo
Ilustradora: Lucía Serrano
Idioma: Castelán
Os esqueletos sempre teñen frío. Algúns abríganse nos armarios, pero aínda así tremen de frío, porque non lles serven de nada nin as mantas nin os abrigos. Sempre teñen os ósos xeados e tremen constantemente.
Recordas como soan os dentes cando baten?




Fantasmas no corredor
Editorial: Xerais- Merlín
Autor: Agustín Fernández Paz
Ilustrador: Oscar Villán
Idioma: Galego
A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois a nena axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas.


Libros recomendados para Lectores Expertos


A noite de Samaín
Editorial: Toxosoutos
Autor e Ilustrador: Pepe Carreiro
Idioma: Galego
Queredes saber como celebra a familia dos Barbanzóns a súa noite de Samaín no castro de Baroña?
Segundo a tradición celta, na noite do 31 de outono para o 1 de Santos, os mortos retornan ao mundo dos vivos. E non só os defuntos, tamén fadas, mouros, estadeas e unha longa procesión de seres sobrenaturais. É normal, pois, que os integrantes desta familia celta se mostren arrepiados...


Vampiros en el Castillo Colmillos
Editorial: Grupo Edebé- Colección Tucán
Autor: Erich Ballinger
Idioma: Castelán
Preparados para a dentada letal!
Emoción no Castelo Colmillos!
O cazador de vampiros Tom Rex, máis coñecido como o Estacador, ofendeu brutalmente o varón Vladimir de Colmillos. O duelo a media noite parece inevitable. Pero inesperadamente os acontecementos dan un xiro de 180 graos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario