martes, 15 de octubre de 2013

Contos de Astronomía da UNAWE

Aproveitando que estades a visitar todos os cursos o planetario móbil instalado temporalmente no colexio, dende a biblioteca  propoñémosvos a lectura duns contos moi interesantes para o segundo e terceiro ciclo de Primaria.
Trátase de "Contos de estrelas": unha recompilación de trece historias relacionadas coa astronomía procedentes de distintas culturas: Inca, Maia, Grega, Azteca, Árabe, Romana, Cubea... Ademais cada historia vén acompañada dunha explicación científica do fenómeno astronómico do que se fala no conto.



"Contos de estrelas" está ilustrado por María Vidal e editado por Rosa María Ros que é a coordinadora do proxecto educativo da Unión Europea UNAWE- Explora o Universo. Este proxecto internacional é unha iniciativa para espertar nos nenos e nenas o interese pola ciencia a través da observación das marabillas do universo e que tomen conciencia de que eles forman parte do cosmos e de que teñen todo un mundo por explorar. 

A web inclúe outros volumes traducidos ao galego que son os seguintes. 


                 

                  
(Clicade nas imaxes para descargalos en PDF)


A web da UNAWE- Explora o Universo tamén inclúe animacións, xogos, simulacións interactivas, galerías fotográficas e adiviñas. Aí vaivos unha:

"Din que son rei e non teño reino; din que son louro e non teño pelo; din que ando e non me meneo; e movo reloxos sen ser reloxeiro"

Deixamósvos pensando na resposta!

No hay comentarios:

Publicar un comentario