viernes, 11 de octubre de 2013

O baúl dos mostros: unha colección terroríficamente divertida

Ola a tod@s!
O Samaín está a chegar polo que xa podedes disfrutar na biblioteca deste baúl que contén unha colección de dez contos terroríficamente divertidos publicados por Algar Editorial e ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido prestixio internacional. Os relatos, cheos de humor, están escritos por Enric Lluch.



Os protagonistas son criaturas ou mostros do imaxinario infantil relacionados co medo como a bruxa, o vampiro, o home do saco, o zombi, a pantasma, a momia, o ogro, o mostro do armario, o esqueleto e o home lobo.
A intención da colección é desdramatizar, con gran sentido de humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre os nenos e as nenas.

Tamén podedes ler e escoitar catro destes contos nos iPads da biblioteca e nos situados nas diferentes aulas do centro, xa que mercamos a app completa.
Ademais das fermosas animacións interactivas que deleitarán os máis cativos, esta app desenvolvida pola empresa Itbook, permite elixir o idioma no que ler e escoitar os textos entre cinco linguas así como a posibilidade de gravar novas locucións e así converternos en narradores. Pódese elixir tamén a tipografía: maiúsculas ou imprenta.



  • Escoller un bo zombi servente é máis difícil do que parece. Iso foi o que pensou o bruxo ao comprobar o zoupón que lle saíu o zombi que lle tocou en sorte.
  • A bruxa Maruxa non para de meterse en leas. A última foi na casa de chocolate de Hansel e Gretel despois de pedir o traslado. Que fará a bruxa mandona cando saiba que deixou o conto patas arriba?


  • O oficio de home do saco xa non é o que era. Nin o aspecto desaliñado nin a cara de malo son suficientes para asustar os nenos revoltosos. E por riba están demasiado fracuchos para comelos!
  • O vampiro Ladislao ten un problema: os seus cairos non están afiados e sen eles nin dá medo nin pode morder suculentos pescozos. E é que a vida de vampiro tamén pode ser moi dura!
Esperamos que gocedes con estas terroríficas lecturas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario