lunes, 14 de octubre de 2013

"Cadavercita Roja": unha versión surrealista do conto clásico

Hoxe queremos presentarvos outro conto interactivo terrorífico e divertido de cara o Samaín cunha extraordinaria calidade visual e dispoñible xa nos iPads da biblioteca: "Cadavercita Roja" (en castelán e en inglés). Esta app está dirixida a nen@s de máis de 9 anos.
O guionista é Luis Murillo, o ilustrador Emi Ordás e a producción española de Itbook.


"Cadavercita Roja" é unha versión absolutamente surrealista sobre o famoso conto de Perrault, cuxo punto de partida é o seguinte:
Carapuchiña está morta dende hai moito tempo. O que pasa é que os escritores e debuxantes non quixeron dicírllelo aos nenos para non os entristecer. Encóntrase enterrada xunto aos seus papás, que por certo, son uns desalmados e están fartos de arrefriarse baixo terra cando chove polo que deciden matar a Avoíña para comprar un mausoleo coa herdanza. Preparan uns pasteliños e un licor de anís envelenados e mandan a Cadavercita, que non sabe nada do malvado plan, a que se os leve á súa querida Avoiña. Pero os malvados papás non contan con Lupito Feroz, o verme Cacafuti, o corvo Arrancaollos e, sobre todo, con que á Avoiña na súa xuventude chamábanlle "A Ramba"...

A estética desta app é excelente con animacións moi conseguidas e ilustracións de gran calidade, o apartado musical bastante notable e o guión salpicado de situacións moi divertidas e, como non, cunha boa dose de sobresaltos!
Disfrutádea rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario