“Os Contos do Camiño”, é unha serie da CRTVG Infantil que consta de 26 capítulos de 10 minutos de duración e está dirixida a nen@s de 3 a 7 anos aínda que, en realidade, as historias que conta poden ser gozadas por todos os públicos. Cada capítulo corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO Editora.
A maioría dos contos da serie podedes encontralos na nosa biblioteca.
Este é o listado dos contos animados:
Follow bibliobrozos's board Os Contos do Camiño on Pinterest.
Profesionais internacionais de prestixio firman cada un dos capítulos. Entre eles están o recoñecido animador mexicano Luis Téllez, o arxentino Ismael Mon, o portugués Carlos Pinto, o premiado cun Goya á mellor curta de animación, Coke Riobóo e o galego Iván Prieto. En todos eles se ofrecen suxestións creativas que recollen sensibilidades artísticas, universos plásticos distintos e innovadores e unha música orixinal, composta para cada capítulo que converte a cada un deles en únicos e diferentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario