Novembro vai dando os primeiros pasos cun novo número da revista "Ollos de aula"
baixo o brazo, o Nº 10, que aborda a temática do acoso escolar, a necesaria
coeducación no seo das familias e unha palabra máis nesta sopa terminolóxica que
é o sistema educativo: o Proxecto Interdisciplinar. Por suposto, non
esquece as atractivas recomendacións de ocio cultural da sección "Cadencias", os
anuncios móbiles e unha reflexión sobre o sentido normalizador das actividades
culturais nos centros escolares.
Para ver números anteriores clicade na páxina da CGENDL
No hay comentarios:
Publicar un comentario