miércoles, 26 de noviembre de 2014

"La liebre y la tortuga": unha forma máxica de contar contos


Coñecedes a tradicional fábula de Esopo "A lebre e a tartaruga"?
Pois se vos achegades á biblioteca encontraredes descargada nos iPads a nova app de Arloon e descubriredes unha nova forma de ler contos: coloreando os personaxes como queirades, apuntando co iPad e verédelos aparecer en 3D grazas á Realidade Aumentada. Ademais, poderedes interactuar con eles e escoitar a narración do conto coas voces en español e inglés.


Se queredes facer vosa propia versión personalizada do conto pedide ás profesoras encargadas da biblioteca unha copia para colorear o voso gusto e veredes como as vosas fichas cobran vida en 3D!
Como podedes ver, aquí están os primeiros visitantes que quixeron ser os pioneiros en comprobar como funcionaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario