Xa que mañá se celebra o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Equipo de Convivencia do centro elaborou este material para traballar na aula co conto de "O monstro" de Daniel Martín traducido ao galego cun suplemento de actividades.
Un libro ideal para traballar o tema da violencia machista, cun texto duro, aínda que contado cunha delicadeza extrema e acompañado polas ilustracións de Ramón Trigo que amainan o sentido do texto.
O libro cóntanos como Rosario e o seu irmán viven cun monstro. Eles descríbeno como un monstro forte e alto que chuspe escuma pola boca e que en moitas ocasións, os seus ollos se tinguen de vermello. Trátase dun relato que nos achega á realidade na que están inmersos moitos menores, móstranos dun xeito inocente o que senten dous irmáns que viven e sofren a violencia no seu fogar.
Todos xuntos debemos loitar contra estes monstros, que por desgracia hai moitos. Animádesvos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario