martes, 16 de diciembre de 2014

O alumnado recomenda o seu Libro-Brozo


Este ano a nosa biblioteca estivo máis solicitada que nunca. Foi marabilloso ver a cantidade de usuarios que pasaron por ela moi interesados en novas lecturas e recomendacións. Por iso, o equipo de Biblioteca, pediu a todo o alumnado do centro que fixese a súa propia recomendación do seu libro favorito. Entregouse en todas as aulas un debuxo dunha bóla navideña para decorar a gusto de cada un e para que escribisen a súa recomendación dentro (título do libro, autor e editorial). Todas as recomendacións recibidas ata o momento na biblioteca, mañá irán de volta a todas as aulas e cada alumno/a que fixo unha recibirá outra dun compañeiro/a doutra clase do seu nivel.
Aquí tedes algúns exemplos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario