Aquí tedes as últimas novidades recentemente chegadas á nosa biblioteca e que vos recomendamos para este Nadal. Lembrade que un bo libro é dos mellores agasallos que vos poden facer.
"10 Ciudades y un sueño" (Meritxell Marti- Editorial Combel)
Libro tridimensional cun percorrido poético e colorista por dez das cidades máis bonitas do planeta. O pop-up final é unha auténtica homenaxe ao mundo da fantasía.
"¡Oh no, Lucas!" (Chris Haughton - Milrazones)
A Lucas gústanlle as tortas, como a todos os nenos, e perseguir aos gatos e escarvar nos lixos... Un día Quique, o seu dono, déixalle só na casa tras facelo prometer que se portará ben. Pero cando Lucas queda só, encontra unha fermosa torta na cociña, ao seu alcance... que fará?
"Pasen y Vean" (Dani Padrón & María Canosa - Editorial Bulubú)
Este libro invítanos precisamente a iso: a pasar e mirar. Coñeceremos a Bonitos, dous monos xemelgos, a Prudencio, o home bala, a Camilo, o mago... e así a todos os personaxes e as súas aventuras, que dan vida a este singular Circo.
"¿Qué hay dentro?" (Okido Studio - Editorial Blume)
Mira as imaxes especiais deste libro ao trasluz para descubrir que hai dentro dun foguete... dun castelo... e mesmo dentro do teu corpo.
Coñece a Zim, que é moi curiosa e fai moitas preguntas, a Zam, que descobre moitas cousas e explica como funciona todo, e a Zum, que é capaz de cambiar de forma!
"Garabato y Tinta" ( Ethan Long - Editorial Lata de Sal)
Garabato é un gato ao que lle gusta debuxar. Tinta é un rato ao que lle encanta pintar. Pero a ningún dos dous gústanlle as obras do outro… ou iso din. Non aceptan as críticas e peléxanse porque ambos queren ser os mellores artistas do mundo. Finalmente danse conta de que xuntos, cada un co seu estilo, poden crear auténticas obras de arte.
"El dragón que cambiaba de cuento cada vez que estornudaba" (David Aceituno & Miguelanxo Prado - El Patito Editorial)
Dragonzuelo ten alerxia ás rosas e iso, nun conto de rosas, cabaleiros e dragóns, é un problema... Así, cando un dos seus esbirros o saca fóra das páxinas do seu libro, Dragonzuelo decide vivir novas aventuras e non volver nunca máis ao seu conto. Ou si?
"Batiscafo" (Batiscafo Editorial)
Katiusca, unha batiscafo algo aburrida, un día vese librada pola lura Humboldt para explorar os fondos mariños ao seu antollo. As súas exploracións lévana por covas, grutas e estrañas paisaxes submarinas onde topa cunha serie de contos.
"El viaje de Shackleton" (Willian Grill - Editorial Impedimenta)
Belamente ilustrado, este libro narra no seu centenario a historia da mítica expedición de Shackleton á Antártida. Unha historia de heroicidade e xeos perpetuos. Nos últimos días da Idade Heroica das exploracións, Ernest Shackleton soñou con atravesar a pé o xeado corazón da Antártida. Pero cando o seu barco, o Endurance, quedou atrapado polo abrazo mortal do xeo, Shackleton viu como os seus sonos empezaban a fenderse. Detidos nun mundo branco e xélido, a miles de quilómetros do seu fogar, os membros da expedición emprenderon unha longa travesía desesperada a través do xeo, á espera dun posible rescate.
"Ada Goth y el festival del Mortilunio" (Chris Riddle- Editorial Edelvives)
O Palacete Nebroso prepárase para celebrar o Festival do Mortilunio. Os mellores cociñeiros do mundo reúnense e pouco a pouco empezan a ocupar as dependencias da residencia dos Goth. Mentres tanto, Maltravers, o pouco amigable gardabosques de interior, compórtase de forma misteriosa, e Marylebone, a camareira persoal de Ada, recibe unha proposta de matrimonio.
"Madama Butterfly" (Benjamín Lacombe - Editorial Edelvives)
Benjamin Lacombe reinterpreta nesta obra a inesquecible historia de Madama Butterfly e revélanos a voz inédita dun Pinkerton atormentado polos remordementos. Este libro de artista, adaptación do sublime drama romántico, alberga cegadores cadros ao óleo e trasládanos a un Xapón xa desaparecido, pero onde os seus misterios permanecen intactos. No reverso das páxinas, encadernadas en forma de biombo, desprégase un delicado fresco de dez metros de longo realizado con debuxos en lapis e acuarela.
"¡Eureka!" (Dr. Mike Goldsmith - Editorial Siruela)
Un coidado álbum en formato grande no que o autor nos presenta os descubrimentos máis asombrosos de todos os tempos e nos dá a coñecer a grandes científicos como Nicolás Copérnico, Louis Pasteur, Albert Einstein, Madame Curie...
Entre os seus contidos cóntanos descubrimentos que cambiaron as nosas vidas como cando se coñeceu que o sol no centro do Sistema Solar, a existencia da radiactividade, as orixes de Universo, a vacina contra a rabia, o ADN...
Entre os seus contidos cóntanos descubrimentos que cambiaron as nosas vidas como cando se coñeceu que o sol no centro do Sistema Solar, a existencia da radiactividade, as orixes de Universo, a vacina contra a rabia, o ADN...
"El barco de los niños" (Mario Vargas Llosa - Editorial Alfaguara)
Mario Vargas Llosa, un dos máis importantes novelistas e ensaístas contemporáneos, obséquianos coa incrible pero verídica historia dun grupo de nenos que emprenderon unha cruzada no século XIII. Unha preciosa historia ilustrada por Zuzanna Celej cun estilo delicado, minorista e cunhas calidades e texturas que fan que esta historia conte co soporte gráfico idóneo.
Este é o tríptico que se vos repartirá esta semana cos libros recomendados tamén en galego que suxire o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario