martes, 2 de diciembre de 2014

Por fin estreamos carnés da biblio!

Despois de anunciarse durante varios días polas aulas de que algo ía suceder na biblioteca... por fin estreamos carnés e a partir de hoxe arranca o servizo de préstamo de libros para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Desculpade a tardanza rapaces, é que houbo algúns atrancos técnicos...
Onte chegaron ás aulas nunha caixiña de regalo para que os gardedes nela despois de usalos e así evitar perdas.


Recordade que o voso día de préstamo son os venres nos recreos e coidade dos libros que levedes para casa... xa sabedes que son a vosa responsabilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario