Chega ao noso centro unha interesante exposición itinerante da Fundación
EducaBarrié que pretende aunar
ciencia e arte a través da fotografía.
Poderédela visitar durante as horas asignadas de biblioteca de cada aula do 9 ao 19 de decembro. Tamén estará aberta en horario de tarde para as familias (16:30-18:00)
Poderédela visitar durante as horas asignadas de biblioteca de cada aula do 9 ao 19 de decembro. Tamén estará aberta en horario de tarde para as familias (16:30-18:00)
Esta exposición intenta demostrar que, por incrible que
pareza, ciencia e arte teñen máis elementos comúns que diverxentes. Aínda que
perseguen obxectivos dispares ambas as dúas baséanse na experimentación, a
observación e a búsqueda de novas ideas que rompan co anterior abrindo
fronteiras. Non é esaxerado dicir que a arte necesitou moita ciencia para
conseguir producir retratos, ilusións, sensacións. Á súa vez, a ciencia
necesitou de moita creatividade e imaxinación para buscar a solución a
problemas aparentemente irresolubles.
O obxectivo de InvestigArte
é precisamente este, indagar nos puntos comúns de ciencia e arte e dalos a
coñecer aos interesados en ambas as dúas disciplinas.
Os moitos misterios da creación e a natureza son presentados
grazas a unha coidada e orixinal combinación de distintos efectos e técnicas
artísticas e pictóricas. Investigadores, universitarios e rapaces deixan
latente nesta exposición a necesidade de integrar estas dúas disciplinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario