1. Porque os cómics son basicamente PARA VER e cando ademais narran historias incribles, son simplemente perfectos.
2. Porque con imaxinación podemos plasmar calquera historia en comic, dende a Roma de Julio Cesar enfrontada a ese irredutible pobo galo ata a Mafalda que nos ensina a ver a vida con ollos de nena.
3. Porque cada vez que abrimos un cómic comezamos a ver unha película na que imaxe e texto se mesturan en harmonía, mellor que cando texto e imaxe van por separado.
4. Porque é unha das maneiras máis reais de comunicarse e contar historias.
5. Porque nos gustan os superheroes, os viláns, os Tintines e os Asterix, porque rimos con Mortadelo e Filemón...
3. Porque cada vez que abrimos un cómic comezamos a ver unha película na que imaxe e texto se mesturan en harmonía, mellor que cando texto e imaxe van por separado.
4. Porque é unha das maneiras máis reais de comunicarse e contar historias.
5. Porque nos gustan os superheroes, os viláns, os Tintines e os Asterix, porque rimos con Mortadelo e Filemón...
Cómics novos na nosa biblio:
Autor e ilustrador: JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO
Editorial: XERAIS
Editorial: XERAIS
Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós?
(Lembrade que os dous primeiros cómics de Marcopola os podedes atopar tamén na biblioteca: 1. "As orixes de Marcopola" e 2. "Os Piratas da Lúa" )
Autor e ilustrador: FERNANDO KRAHN
Editorial: KALANDRAKA
O Señor Top espértase cada mañá dando as grazas polo novo día e saudando á natureza e ao mundo que lle rodea... Pero esa idílica realidade que enxerga dende o alto da súa cabana, nun lugar tan atípico como o cume, dun rañaceos nunha cidade cosmopolita, se ve truncado ao ollar o xornal: na rúa reina o caos. Lonxe de adoptar unha actitude conformista e pasiva, o Señor Top pasa á acción.
O protagonista deste cómic non parece, nin en aspecto nin en estratexias, un heroe convencional. Pero converterase no pesadelo dunha perigosa banda de ladróns que atraca un banco.
O protagonista deste cómic non parece, nin en aspecto nin en estratexias, un heroe convencional. Pero converterase no pesadelo dunha perigosa banda de ladróns que atraca un banco.
Autor: JAUME COPONS
Ilustrador: LILIANA FORTUNY
Editorial: COMBEL
"Ola! Son Agus Pianola. Ti non o sabías, pero tarde ou cedo tiñamos que ser amigos. Ata hai pouco eu era un neno bastante normal: ía á escola, perdía redaccións, tuneaba pizzas... Pero o día que coñecín ao Sr. Flat todo cambiou. Ah, claro, ti aínda non sabes quen é o Sr. Flat, verdade? Só direite que é un monstro e que dende que se instalou no meu cuarto o mundo non só é máis divertido, senón que tamén é un lugar mellor. Mellor, pero cun montón de leas!"
Autor: JAUME COPONS
Ilustrador: LILIANA FORTUNY
Editorial: COMBEL
"Ola! Son Agus Pianola! Se liches Llega el Sr. Flat!, ti e eu xa nos coñecemos; e se, non aviso: vivo nun cuarto cheo de monstros. Que de onde saíron? Pois do Libro dos monstros, onde vivían ata que o malvado Dr Brot os botou. Agora están aquí, pero o peor de todo é que o Dr. Brot e o seu axudante Nap tamén viñeron, e de entrada se propuxeron afundir o restaurante Nautilus. Por sorte, o Cheff Roll, o monstro da cociña, axudaranos a trazar un plan para que o Dr. Brot non se saia coa súa. Aventuras e enredos asegurados!"
Vídeo Promocional de "Agus y los monstruos"
Os de 2E declarámonos fans incondicionais de Marcopola!!! O que nos gusta ler poñendo as voces das distintas personaxes, as ilustracións chulísimas e ler doutro xeito diferente ao que estabamos acostumados!!! Esperamos a visita do autor á nosa biblioteca PdB!!!
ResponderEliminar