miércoles, 4 de febrero de 2015

Libros sobre os segredos da vida

É bo tratar as cousas de xeito sinxelo e utilizando unha linguaxe que entendamos con facilidade, sobre todo cando falamos de reprodución humana ou dos cambios que o noso corpo experimenta cando crecemos, temas que espertan moito interese entre nenos e nenas. Hoxe traémosvos aquí dúas novidades da nosa biblioteca que explican algúns deses segredos da vida.


"¡Mamá puso un huevo! ou como se hacen los niños", é un libro divertido, narrado co moito humor. Babette Cole sorpréndenos con este xeito de dar resposta a esa GRAN pregunta que en todo momento se fan os nosos nenos e nenas.
Na historia, contada polos nenos, preséntanos a unha parella progre, que cren que xa chegou o momento de contarlles aos seus fillos a verdade, sobre como se fan os nenos.

A escoita dos nenos énchese de asombro ao comprobar que nai e pai argumentan o nacemento con historias como que os nenos son de mazapán, ou nacen de debaixo das pedras, ou dunha maceta onde se planta unha semente, ou que son traídos por un dinosauro, ou que saen dun tubo de pasta de dentes... Mesmo que mamá puxo un ovo no sofá e cando o ovo explotou naceron.
Os nenos, mortos da risa, deciden explicarlles o que eles saben do tema, mediante o debuxo dos corpos masculino e feminino. Dun xeito tan sinxelo como explícito queda explicado o acto de reprodución humana e o proceso de xestación e nacemento dun bebé.


"De chica a chica" é a guía perfecta para as nenas que atravesan os numerosos cambios da adolescencia. Cun texto accesible, unha actitude positiva e información experta, ofrece consellos reconfortantes ás adolescentes.
A súa autora, Sarah O'Leary Burningham, guiaravos coas súas explicacións por algúns dos momentos máis importantes da vida, como: a compra do suxeitador axeitado, a primeira regra, a elección de lentes e aparato de ortodoncia, o olor corporal e a depilación, o coidado da pel, o tratamento dos grans, o desenvolvemento de hábitos saudables... E moito máis!

Ambos os dous libros moi recomendables. Encantaranvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario